Investigado un empresario vasco por unha estafa en Muxía

Imaxe Garda Civil

O Equipo Roca da Compañía de Carballo con base en Vimianzo e o Posto da Garda Civil de Vimianzo investigaron a un empresario natural de Asturias e con residencia no País Vasco por un delito de estafa. Os feitos ocorreron por mor da denuncia interposta pola vítima nas dependencias oficiais do Posto da Garda Civil de Muxía, comunicando a intención de adquirir un vehículo en Alemaña que estaba ofertado na internet. Tras chegar a un acordo económico cunha empresa do sector para que o trouxesen, realizou un contrato de compravenda e fixo unha transferencia de 15.700 euros como primeiro pago do vehículo, que debería chegar aos 30 días e unha vez entregado faría o resto do pago. Pasada a data e ao ver que non chegaba o vehículo, a vítima púxose en contacto co vendedor, que empezou con escusas de que pronto se ía a solucionar o problema.

A Garda Civil iniciou unha investigación en aras de constatar a veracidade dos feitos e a identificación do autor ou autores no seu caso. No transcurso da mesma os compoñentes do Equipo Roca puideron constatar que o vehículo se atopaba á venda na internet nunha páxina alemá, pero que devandito vehículo nunca foi adquirido polo agora investigado senón por unha empresa portuguesa. Pescudando que tentara adquirir o vehículo remitindo unha captura de pantalla da suposta transferencia, pero ese diñeiro nunca chegou á conta bancaria da empresa alemá. Do estudo da información solicitada a Garda Civil tamén comprobou que o diñeiro que ingresou a vítima fora inmediatamente transferido a unha conta particular do vendedor e outra parte foi retirada en efectivo en distintas oficinas bancarias. Unha vez identificado plenamente o autor do ilícito, ao que lle constan antecedentes por feitos similares, a Garda Civil procedeu á súa investigación remitindo as dilixencias ao Xulgado de Instrución nº1 de Corcubión.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha