Investigado un menor, condutor dun coche sen ITV nin seguro, que ao parecer ‘apetecíalle conducir’

O Destacamento da Agrupación de Tráfico da Garda Civil da Coruña investigou a un menor e á parella sentimental da súa nai por un delito contra a seguridade viaria. Os feitos sucederon durante un punto de verificación de alcol e drogas realizado de madrugada na estrada AC-12 quilómetro 6 á altura de Perillo-Oleiros, onde se detectou como dous vehículos parábanse antes do punto para tratar de non ser controlados.

A patrulla logrou evitar que o condutor do primeiro coche saíse fuxindo á carreira, sendo localizado. Unha vez se procedeu á identificación do condutor, resultou ser un menor de idade que nunca obtivera ningún tipo de permiso de condución. O menor ía a acompañado tamén doutra menor de idade, que entrou en estado de ansiedade e tivo que ser acougada polos axentes. O vehículo carecía de seguro e ITV en vigor polo que foi denunciado o seu titular, que resultou ser o condutor do outro vehículo que parou detrás.

No segundo turismo, tamén interceptado antes de chegar ao punto de verificación, viaxaba de acompañante a nai do menor e conducido pola súa parella sentimental. Este era o propietario dos dous vehículos e deixoullo porque ao menor “apetecíalle conducir”. Ao ser sometido ás probas de alcol lanzou un resultado positivo nas dúas probas regulamentarias realizadas, duplicando a taxa legalmente establecida con resultado de 0,51 e 0,52 mg/l en aire expirado.

Os feitos foron postos en coñecemento da Fiscalía de Menores, por un delito contra a seguridade viaria ao conducir un vehículo de motor sen obter nunca o permiso de condución. Á súa vez ao titular do coche, que era coñecedor das circunstancias do menor, ademais da sanción administrativa de 1.000 euros e seis puntos por duplicar a taxa legal permitida e ser reincidente no último ano polos mesmos feitos, investígaselle como cooperador necesario xa que sen a súa axuda, o menor non se puxo aos mandos do vehículo. Ao ser titular do turismo que conducía o menor, tamén terá que facer fronte a 1.500 euros por circular sen o seguro obrigatorio e 200 euros por non pasar a ITV no prazo previsto.

A Garda Civil quere destacar que ante o aumento da sinistralidade nas estradas galegas e a presenza destes feitos moi graves que poñen en risco a seguridade de todos, intensificarase a vixilancia e control do cumprimento das normas relativas á velocidade, as distraccións, os adiantamentos, o consumo de alcol e drogas antes de conducir…, por ser as máis importantes que afectan á condución. Todo iso co único fin de conseguir un cambio de comportamento que se traduza nun descenso da sinistralidade nas estradas galegas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha