Investigado un veciño da Laracha por conducir bébedo catro veces máis do permitido

Control de alcoholemia_Archivo.

O Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña investigou a un home como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. Os feitos sucederon tras recibir a Central Operativa do Subsector de Tráfico da Coruña (COTA) a chamada dun condutor que circulaba pola estrada DP- 2403, comunicando a presenza dun vehículo que circulaba de forma errática, en zig-zag, invadindo momentaneamente o carril contrario á circulación.

Inmediatamente os operadores de COTA alertaron ás patrullas en servizo para a localización e detención do vehículo mencionado, sendo interceptado aos poucos minutos por unha patrulla do mencionado Subsector.

Unha vez detido o vehículo, os efectivos actuantes procederon á realización das pertinentes probas de alcoholemia ao seu condutor, lanzando un valor de 1,05 mg/ l en aire expirado na primeira proba e de 0,96 mg/l na segunda, cuadriplicando a taxa legalmente establecida.

A Garda Civil procedeu á investigación desta persoa como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas.
A Agrupación de Tráfico da Garda Civil lembra que o binomio condución – alcol é unha da principais causas de produción de sinistros viarios, así como que continuará realizando a diario puntos de control verificación de alcol, para evitar que quen inxerise estas substancias conduza, co perigo que iso conleva para a vida e a integridade física, tanto do propio condutor, como doutros usuarios da vía.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha