Investigado un veciño da Laracha por fuxir tras un accidente de tráfico

Cedida

  • Os feitos ocorreron o pasado 6 de marzo no punto quilométrico 12,400 da AC-400

O Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña investiga a un condutor, veciño do municipio coruñés da Laracha, como presunto autor de dous delitos contra a seguridade viaria e un delito de lesións por imprudencia.

Os feitos remóntanse ao pasado 6 de marzo deste ano, cando a Garda Civil se desprazou ata o punto quilométrico 12,400 da AC-400 tras producirse unha colisión entre un turismo e unha motocicleta. Unha vez alí, os axentes constataron que o condutor do vehículo fuxira.

Os gardas civís solicitaron a presenza do Equipo de Atestados para a realización das xestións pertinentes que levase á identificación e localización do condutor fuxido.

Finalmente, este foi atrapado e está a ser investigado como presunto autor dun delito de condución temeraria, outro de abandono do lugar do accidente e un terceiro delito de lesións por imprudencia, ao necesitar asistencia médica polas lesións producidas no accidente.

Related posts

A Fundación Brandomil proponlle á Xunta melloras na área da Ponte

Máis de 10.000 euros en premios no concurso de disfraces do Entroido de Carballo 2026

Ferido un menor tras ser atropelado na AC-552 en Baio, Zas