A Patrulla Fiscal e Fronteiras da Garda Civil de Noia (PAFIF) realizou 2 controis de carburantes no termo municipal da Serra de Outes, con resultado positivo (no que detectaron gasóleo non permitido para uso comercial) solicitando do Departamento de Aduanas e Impostos Especiais da Coruña, a inspección da empresa titular dos vehículos. Durante a inspección do almacén localízanse un depósito ilegal de gasóleo B de 2.000 litros de capacidade, contendo o mesmo ao redor de 700 litros do devandito carburante, procedendo de inmediato ao seu precinto e á confección das correspondentes denuncias. Cinco Actas Denuncias á Lei 38/1992 por uso indebido de Gasoleo tipo B, unha Acta denuncia á Lei 9/2004 de Seguridade Industrial de Galicia. e unha Acta denuncia por instalación petrolífera para uso propio Lei 38/1992 de Impostos Especiais. Ao realizar a inspección na localidade da Serra de Outes a forza actuante decátase que nunha leira anexa hai diversos vehículos estacionados, rotulados co mesmo logotipo que os que foron inspeccionados.
O Xerente da empresa informa que non é titular dos camións situados na devandita leira, pero a leira si é da súa propiedade, polo que se solicita do Administrador das Aduanas a inspección das outras empresas relacionadas que forman parte do conglomerado da devandita empresa, localizando noutra localidade próxima outro depósito de gasóleo sen estar dado de alta nin rexistrado, polo que se formula outra denuncia á Lei 9/2004 de Seguridade Industrial de Galicia. Na mesma inspección localízase unha carretilla elevadora con documentación falsificada, polo que os Axentes proceden á investigación do Xerente da empresa como suposto autor dun delito de falsidade documental en documento público. Como consecuencia da investigación foron incautados preventivamente dous depósitos de gasóleo de 2.000 litros cada un e dúas carretillas elevadoras.