A Garda Civil do Posto de Camariñas investigou a un home da localidade como suposto autor dun delito de furto. Os feitos sucederon a raíz da denuncia interposta pola vítima nas dependencias oficiais da Garda Civil en Camariñas, comunicando que unha ou varias persoas descoñecidas accederan ao interior do seu vehículo, o cal se atopaba estacionado na vía pública, subtraendo do mesmo un dispositivo GPS.
A garda Civil iniciou unha investigación en aras de constatar a veracidade dos feitos e identificar o autor ou autores dos mesmos no seu caso, logrando, tras a análise minuciosa da información solicitada, a identificación plena do suposto autor, resultando ser un veciño da localidade, coñecido polas forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole.
Investigado un veciño de Camariñas como suposto autor do furto dun GPS
Arquivo.