Investigado un veciño de Camariñas por dispararlle a un gato cunha pistola

A Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil de Corcubión xunto co posto de Seguridade Cidadá de Camariñas investigaron a unha persoa como presunta autora dun delito de malos tratos animais. Os feitos sucederon o pasado mes de xaneiro cando apareceu un vídeo nas redes sociais do agora investigado, cunha arma corta de gas comprimido disparando a un gato desde un vehículo de motor que se atopaba estacionado en Camariñas. A Garda Civil procedeu á investigación desta persoa como presunto autor dun delito de malos tratos animais. Os efectivos actuantes procederon á incautación da imitación da arma Walther P99 de aire comprimido, quedando depositada na intervención de armas de Carballo, ao dispor da autoridade xudicial. A maiores realizáronse denuncias administrativas en materia do Regulamento de Armas 4/2015 pola tenencia de armas de aire comprimido sen ter a correspondente tarxeta en vigor. As dilixencias instruídas foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución nº 2 de Corcubión.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha