Investigado un veciño de Carral por agredir a outra persoa e arrincarlle dous dentes

Coche Garda Civil

A Garda Civil do Posto de Carral está a investigar a un veciño da localidade por arrincarlle de raíz dúas pezas dentais a outra persoa.

Os feitos iniciáronse cando a vítima acudiu a casa do investigado para liquidar unha disputa que anteriormente mantiveran nun bar de Carral. Unha vez que ambos individuos se atoparon, o agresor recibiu ao lesionado cunha foz, golpeándolle contundentemente e provocándolle un corte nunha falanxe como consecuencia de tentar protexerse a cara cunha man. Posteriormente, a parella do investigado abalanzouse sobre o agredido e tirouno ao chan, momento que aproveitou o seu agresor para forcexear con el, chegándolle extraer dúas pezas dentais ao agarrarlle con forza a boca.

A vítima presentou un parte de lesións e necesitou posterior tratamento para as feridas, entre elas, 3 puntos de sutura nun dedo da man.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha