A Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil de Arteixo investigou a un veciño de Coristanco por un delito contra a protección da flora e a fauna.
Os feitos ocorreron tras producirse unha chamada telefónica dunha persoa ás dependencias oficiais da Garda Civil de Carballo informando da presenza dun raposo (vulpes- vulpes) atrapado pola acción dun cepo nunha leira próxima ao lugar de Agualada, en Coristanco.
Inmediatamente os efectivos actuantes desprazáronse ao lugar indicado, constando á súa chegada que no cepo ademais do raposo había restos doutras especies silvestres que foran atrapadas con anterioridade, así como varios lazos para a caza do xabaril. A Garda Civil procedeu á identificación do propietario da leira, que foi investigado por un delito contra a flora e a fauna.
A Garda Civil lembra que a Lei 42/2007 articulo 65.1 prohibe a tenencia, utilización e comercialización de todos os procedementos masivos ou non selectivos para a captura ou morte de animais. Entre estes procedementos a normativa fai alusión a redes, lazos, cepos, trampas-cepo ou ballestas.