Investigado un veciño de Laxe como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria

Garda Civil controlando o tráfico nunha estrada

O Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Corcubión investigou a un condutor como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. Os feitos ocorreron ao ter coñecemento a Garda Civil dunha saída de vía dun vehículo, no quilómetro 3 da estrada DP-4001 no termo municipal de Zas. Ata ese punto desprazouse unha patrulla da mencionada Unidade, ao obxecto de auxiliar aos seus ocupantes e regular o tráfico na vía, ao chegar ao lugar comprobaron que trataba dun
cuadriciclo, vehiculo coñecido popularmente como coche sen carné, presentando o seu condutor e único ocupante síntomas evidentes de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas. A patrulla actuante realizou as pertinentes probas de alcoholemia ao condutor, arroxando un valor de 0,77 MG/L en aire expirado na primeira proba e de 0,75 MG/L na segunda. A Garda Civil procedeu á investigación desta persoa, como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, poñéndoo, xunto coas actuacións realizadas, ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Carballo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha