Investigado un veciño de Melide pola morte de sete cabalos

Garda Civil

  • O presunto autor dos feitos é multirreincidente en delitos de malos tratos animais

A Patrulla de Seprona da Compañía de Santiago, procedeu á investigación dun veciño de Melide por un suposto delito contra os animais domésticos.

A investigación tivo lugar por mor de que a Garda Civil observase diversas irregularidades en materia de sanidade animal. Finalmente, nas instalacións atopáronse con vinte e nove equinos nas instalacións, 7 deles mortos. Todos os cabalos mostraban signos de mal nutrición, mala hixiene e falta de coidados imprescindibles para a súa existencia.

Dous dos animais falecidos atopábanse en cuadras individuais e contiguas, nas que se puideron apreciar signos evidentes da agonía sufrida e as tentativas de escapar dos habitáculos onde se atopaban hacinados.

Os feitos foron postos en coñecemento perante o xulgado de Arzúa.

Antecedentes. Na mesma parcela, o pasado mes de maio do ano en curso, tamén se acharon 6 cadáveres de cabalos e 2 de cans. No ano 2012 os axentes realizaron outra intervención policial similar.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha