Investigadoras da Universidade da Coruña farán un estudo para determinar o perfil do peregrino do Camiño Inglés

As profesoras da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña Antonia Pérez García e Iria Caamaño Franco realizarán un estudo demoscópico sobre a demanda turística no Camiño Inglés para identificar o perfil das persoas que peregrinan a Compostela escollendo esta ruta.

Este estudo dá continuidade ao realizado no ano 2021, actualizando os datos coa fin de facer unha análise comparativa e evolutiva de forma que estes traballos se convertan nun observatorio que recolla os principais indicadores e resultados asociados ao Camiño Inglés. As conclusións deste observatorio permitirán adaptar, definir e aplicar estratexias e accións do ámbito turístico máis eficaces.

O informe está promovido pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés. Na mañá do venres, o seu presidente, Manuel Mirás, compartiu co reitor da UDC, Julio Abalde, os detalles do acordo entre ambas as dúas institucións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha