Investigadores do CHUAC e da UDC traballan para diagnosticar a covid a través dunha aplicación móbil

1 minutes read

Investigadores do CHUAC e da Universidade da Coruña están traballando conxuntamente nunha ferramenta para diagnosticar a covid a través dunha aplicación móbil que, de conseguirse, sería a proba máis exacta que habería no mercado. Poñendo unha mostra de saliva, a intelixencia artificial, as técnicas de computación avanzada e a edición xenética farán o resto, determinarán a cantidade de virus que hai nesa mostra. Os sanitarios poderán probar un prototipo do kit a partir do mes de agosto. Os resutados cunha precisión do cento por cento tardan ao redor de 15 minutos e o custe vai ser moi barato. Tamén traballan nunha ferramenta que usa patróns matemáticos e radiografías para diagnosticar se unha afección respiratoria é a causa do coronavirus. Aspiran a que este kit para o móbil sirva tamén para detectar outras infeccións víricas.