Investigados dous carballeses polo roubo dunha cadeira de rodas motorizada

1 minutes read

A Garda Civil do Posto Principal de Carballo investigou a dous veciños da localidade, como presuntos autores dun delito de furto. Os feitos ocorreron por mor da denuncia interposta por unha filla da vítima, na cal comunicaba que autor ou autores descoñecidos subtraeran do portal da vivenda unha cadeira de rodas motorizada, propiedade da súa nai, valorada en 4.000 euros.

A Garda Civil investigou os feitos en aras de constatar a veracidade dos mesmos e o esclarecemento e identificación do autor ou autores no seu caso. No transcurso da investigación efectivos da área de investigación da mencionada Unidade realizaron as xestións pertinentes, logrando tras a análise da información solicitada a identificación plena dos autores do ilícito e a recuperación da cadeira subtraída, a cal foi devolta á súa lexítima propietaria.

A Garda Civil procedeu á investigación destas persoas como presuntos autores dun delito de furto. As actuacións realizadas foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Carballo.