Investigados dous homes por un intento de secuestro e ameazas a unha veciña de Muxía

Stop violencia machista_PIXABAY

Axentes do Equipo Roca da Garda Civil de Carballo en colaboración con compañeiros do posto da Garda Civil de Muxía investigan a dous homes, veciños de Santiago e Vila de Cruces como presuntos autores dun delito de acoso e outro de ameazas. Os feitos ocorreron tras ter coñecemento, a través de publicacións de prensa, dun posible intento de secuestro en Muxía, e denunciado ante o instituto armado, o cal xerara unha gran alarma social na zona.

A Garda Civil analizou o ocorrido co obxectivo de identificar o autor, ou autores, do sucedido. No transcurso da investigación, os gardas civís, tras a análise minuciosa da información solicitada, descubriron que os agora identificados e a vítima coñecéronse a través dun xogo en liña dunha rede social da internet. Transcorrido un tempo, un deles tentou iniciar unha relación sentimental con esta muller, negándose ela taxantemente, sendo sometida a partir dese momento a un acoso constante por parte do interesado. A vítima tentou cortar toda relación con esta persoa para evitar a situación, momento no que o suposto acosador incrementou as chamadas e mensaxes, acudíndo nalgunha ocasión as proximidades da vivenda da vítima, situada no termo municipal de Muxía, para amedrentala.

Ante as reiteradas negativas para o iniciou de ningún tipo de relación, entrou en escena o segundo dos investigados, chegando a ameazar á vítima con danos á integridade dos seus fillos no caso de que se fixese público o acoso ao que estaba a ser sometida. A muller, moi asustada comentou o ocorrido á súa contorna máis próxima e decidiu poñer denuncia ante a Garda Civil. O instituto armado, tras solicitar as evidencias do ocorrido, procedeu á investigación destes dous homes como presuntos autores dun delito de acoso e outro delito de ameazas, continuando en activo a investigación para o esclarecemento total dos feitos.