O Xulgado de Instrución número un de Santiago investiga o exdirector xeral de Enerxía e Minas Ángel Bernardo Tahoces e o exsecretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental Justo de Benito Basanta por un presunto delito de prevaricación ambiental relativo á mina de Varilongo, en Santa Comba. Asociacións ecoloxistas xa denunciaran a autorización permitida pola Xunta en 2011 da reapertura da antiga mina de volframio e estaño de Varilongo sen unha apropiada avaliación do impacto ambiental. Fontes da Consellería de Medio Ambiente trasladaron o seu “respeto absoluto” ao proceso xudicial. Tamén desde a Consellería de Economía, Empresa e Innovación da que depende a Dirección Xeral de Enerxía e Minas resaltaron que desde a Administración autonómica ofrecen a súa “colaboración” coa Xustiza “para que esta situación se aclare canto antes”.
35