Investigan a anormalidade de mortes na DomusVi de Carballo


Persoal do centro e autoridades sanitarias están a investigar que está a pasar na residencia DomusVi de Carballo, hai máis de 100 anciás infectados cunha carga vírica diferente e anormalmente elevada. Entre o 24 e o 30 de xaneiro houbo un forte incremento de persoas afectadas con 22 falecidas e 115 contaxiadas. Os traballadores puxeron o caso en mans das autoridades sanitarias e levaron a cabo un primeiro informe que apunta a unha entrada da variante da cepa británica. Tratan de indagar a orixe, que podería estar relacionada cun traballador do centro.