Investigan a aparición dunha parella morta na súa casa en Xirona

Vehículo da Policía Local

En Xirona atoparon este xoves unha parella morta na súa casa. Os investigadores cren que o home matou a muller e despois se suicidou. Foi un veciño o que atopou os corpos e deu a voz de alarma. De confirmarse que é un crime machista, o número de mulleres asasinadas este ano polas súas parellas ou exparellas ascendería a 40. Son 1.122 dende 2003.