Investigan a desaparición dun veciño de Coristanco e o roubo nun super da Laracha


As forzas da orde traballan con intensidade no recabado de pistas que poidan conducir á localización dun mozo veciño do Concello de Coristanco que leva varios días desaparecido. Segundo o seu círculo máis próximo trátase dunha persoa deportista e moi traballadora, con vínculos recentes ao mundo da hostalería. Ademais, tamén se investiga un roubo que se levou a cabo este xoves nun supermercado da Laracha, onde, segundo testemuñas presenciais, o autor ou autores déronse á fuga nun coche de cor azul pola AC-552 dirección a Carballo.