Dous irmáns apareceron mortos este venres no seu domicilio de Ribadeo, segundo confirmaron fontes da Comandancia da Garda Civil de Lugo, despois de que os seus veciños os botasen en falta tras varios días sen velos. Trátase de dous homes, de 56 e 62 anos de idade. En canto ás causas da morte, aínda non puideron determinarse. Debido a que ambos levaban varios días falecidos, haberá que esperar á realización da autopsia para determinar os motivos de ambos os decesos.
Noticia en ampliación.