Un bebé de meses faleceu este venres en Vilagarcía de Arousa, abriuse unha investigación de oficio para determinar as causas do deceso, tras comprobar que non había signos de violencia. Fontes policiais sinalaron que o suceso se rexistrou nun edificio da céntrica rúa Cervantes e que a hipótese que se baralla apunta a causas naturais. Ata o lugar desprazáronse Policía Nacional, a funeraria e unha comitiva xudicial, todos provistos de equipos de protección especial. Tamén, de acordo aos protocolos establecidos pola pandemia do Covid-19 un equipo de desinfección, aínda que non haxa constancia de ligazón algunha entre este tráxico episodio e o coronavirus.