Investigan a morte dun ciclista en Narón

1 minutes read

Un ciclista veciño de Neda de 66 anos foi atopado falecido na tarde deste domingo en Narón no lugar do Castro, concretamente na estrada que vai a Meirás.

O persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 contactou co 112 Galicia ás 17:00 horas para informar de que lles alertaban dunha persoa en moi mal estado ao carón dunha bicicleta no cruce da Mata, na parroquia de Pedroso.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Narón e da Policía Nacional.

Unha vez no lugar dos feitos, os efectivos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.

As forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias deste suceso, dado que ao parecer a roda dianteira da bicicleta sufriu un golpe.