42
A Xunta está a investigar o falecemento dun home esta fin de semana en Dozón. Neste caso, a ambulancia tardou 45 minutos en chegar. Despois das investigacións, informaráse no Parlamento. Así o adiantou o voceiro popular na cámara galega.
Todos os grupos da oposición pediron a comparecencia do conselleiro de Sanidade no próximo pleno para dar explicacións do sucedido. O grupo popular non aceptou, polo de agora, esta reclamación. Di que é inoportuna porque aínda non deu tempo a analizar que pasou con esa urxencia médica. Ainda que o que sí esta claro e que unha persoa faleceu.