Investigan a morte dun home nunha vivenda que ardeu en Padrenda

0 minutes read

A Garda Civil investiga a morte dun home de 70 anos que foi atopado morto na tarde deste luns no interior da súa vivenda de Padrenda (Ourense), na que se rexistrou un incendio. Segundo informaron fontes da investigación, o home, que vivía só e era fumador, foi achado na cama, onde se produciu un incendio. Por iso, as primeiras hipóteses apuntan a unha morte natural e ao posterior inicio do lume aínda que se está á espera da autopsia para confirmar as causas da súa morte.