33
Unha persoa que camiñaba á altura da presa de Velle, avisou os servizos de emerxencia ao ver un corpo aboiando no río. Os bombeiros de Ourense rescataron o cadáver cunha lancha e trasladárono á beira. O forense e a xuíza tras unha primeira inspección non detectaron signos de criminalidade. Estáselle a facer unha autopsia para coñecer as circunstancias da súa morte. Non hai constancia en Ourense de ningunha muller desaparecida. Axentes da Policía Nacional investigan que puido pasar.