Investigan a morte dunha muller en Nogueira de Ramuín

1 minutes read

A Garda Civil ten aberta unha investigación para esclarecer a morte dunha muller de 59 anos de idade, veciña de Nogueira de Ramuín (Ourense), á que horas antes acharon inconsciente e medio espida en San Miguel do Campo.

Segundo informan fontes dos servizos de emerxencias, trátase dunha veciña de Requeixo á que un veciño atopou nese estado á primeira hora da mañá deste mércores. Tras isto, esta persoa particular pasou o aviso ao 112 Galicia e activouse un dispositivo no que interviñeron Urxencias Sanitarias-061 e o Instituto Armado.

A muller, da que aínda se investiga a identidade, faleceu poucas horas despois de ser trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?