Investigan a morte dunha persoa aparecida nunha leira en Vigo

0 minutes read

O cadáver dunha muller foi localizado nunha leira abandonada situada na rúa Ribadavia de Vigo, en pleno centro da cidade, nas proximidades do antigo Hospital Xeral. Ata o lugar desprazáronse os serizos sanitarios e axentes da Policía Local e da Policía Nacional que investigan as causas deste tráxico suceso que ocorreu sobre as 22.00 horas deste sábado, segundo informou o 112.