Investigan a un condutor accidentado en Carballo, borracho e drogado

1 minutes read

O Equipo de atestados da Plana Maior do Subsector da Coruña, realizou probas de detección de alcol a un condutor tras unha saída de vía e choque contra un muro dunha vivenda na estrada DP-1914 (Carballo-Portomouro), termo municipal de Carballo. As probas arroxaron un resultado de 1.02 MG/ L, na primeira e 1.16 MG/ L, na segunda. O condutor tamén foi sometido á proba de drogas cun resultado positivo en cocaína.

Por parte do equipo de atestados investígaselle por un delito contra a Seguridade Viaria, por conducir un vehículo automóbil baixo a influencia de bebidas alcohólicas. En canto ao positivo en drogas, estase á espera do resultado do laboratorio oficial, para en caso de ser positivo proceder á súa investigación en caso de confirmar o resultado. Tamén, continúase a instrución de dilixencias para tratar de pescudar as causas do referido accidente e unha vez concluído o atestado correspondente con todos os informes, será remitido ao xulgado de garda de Carballo.