Os feitos ocorreron por mor de sufrir o vehículo que conducía un accidente na estrada AC-441, no termo municipal de Vimianzo, polo que unha patrulla do Destacamento da Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Corcubión compareceu no lugar, sometendo ao condutor ás pertinentes probas de alcoholemia, arroxando un valor de 1,17 MG/L en aire expirado na primeira e de 1,12 MG/L na segunda.
Os gardas civís actuantes procederon á investigación deste condutor, como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, poñéndoo ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Corcubión. A Garda Civil lembra que a condución baixo os efectos de bebidas alcohólicas segue sendo a causa principal de accidentes de tráfico.