Investigan a un coñecido clan de Carballo por un presunto tráfico de armas

1 minutes read
dpm.

As forzas de seguridade analizaron teléfonos móbiles e chats de WhatsApp. Neles sobre todo había conversas que demostrarían a venda de pistolas. Algunhas por ata 1.200 euros.

Unha intervención inicial que comezou golpeando o narcotráfico no barrio do Sixto abría unha nova vía que quedou plasmada nun informe de máis de mil páxinas e que deixa ao descuberto un presunto tráfico de armas.

A veciñanza consultada coincide na necesidade de ofrecer máis presenza policial na rúa. A instrución continúa aberta nos xulgados carballeses e como dato salientable cabe destacar que tamén salpica a varios gardas civís, con cinco expedientados aínda que a día de hoxe ningún deles está de servizo.