O Subsector da Agrupación de Tráfico da Garda Civil da Coruña investigou a unha persoa, veciña de Coristanco, como presunta autora dun delito contra a seguridade viaria. Os feitos ocorreron por mor de ter coñecemento os efectivos desta Unidade dunha saída de vía no quilómetro 5,100 da estrada AC-414 no termo municipal de Carballo.
Unha patrulla da mencionada Unidade trasladouse ao referido punto, ao obxecto de auxiliar aos ocupantes do vehículo e regular o tráfico, comprobando ao chegar ao lugar que os mesmos foran evacuados ao PAC de Carballo para ser atendidos das súas feridas, non revestindo gravidade ningún deles.
A Garda Civil trasladouse ao citado punto e realizoulle as pertinentes probas de alcoholemia, arroxando un valor de 0,82 MG/L en aire expirado na primeira e de 0,72 MG/L na segunda. A Benemérita procedeu á investigación desta persoa, como presunta autora dun delito contra a seguridade viaria, poñéndoa, xunto coas actuacións realizadas, ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Carballo.