A patrulla do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil de Corcubión investigou a un veciño de Dumbría por un delito de caza. Os feitos ocorreron tras chamada telefónica dunha persoa ás dependencias oficiais de Corcubión, informando da presenza dun xabaril morto pola acción dun lazo nunha leira próxima ao lugar de Bustelo-Dumbría. Efectivos da Benemérita desprazáronse ao lugar, constando á súa chegada dous lazos, un deles cun xabaril morto e en dúas localizacións distintas, diversos lazos pendentes de colocar. Polo que procedeu á identificación do propietario da leira, o cal se trasladou ao lugar dos feitos a pedimento do Seprona, manifestando ser o autor da colocación dos lazos. “O propietario da leira acompañou á Garda Civil na retirada dos cebos, sorprendéndose ao ver o xabaril morto nun deles e dando escusas varias pola colocación dos devanditos elementos”. Os gardas procederon á confección dunha denuncia administrativa á Lei de Caza, pola utilización de medios prohibidos para cazar, e á investigación desta persoa por un delito de caza. O xabaril foi entregado ao presidente do Coto de Dumbría.
37