- Ademais, a condutora negouse a realizar as probas de detección de alcohol e drogas
Axentes da Garda Civil de Tráfico da Coruña investigan a unha muller de Vimianzo como suposta autora de tres delitos: negarse a realizar as probas de alcohol e drogas, conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas e condución temeraria.
Os feitos tiveron lugar na autovía AG-55, no punto quilométrico 60, ao seu paso polo concello de Zas. Os axentes recibiran un aviso da saída de vía dun vehículo, polo que se desprazaron ata a zona para auxiliar aos ocupantes e regular o tráfico. Sen embargo, ao chegar ata o punto os gardas observaron que a condutora circulara en sentido contrario á vía, indo en dirección Fisterra polos carrís que levan á Coruña.
Finalmente a vítima tivo que ser trasladada en ambulancia ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee.