Investigan as futuras baterías de Li-ión para impulsar a mobilidade intelixente

1 minutes read

A última investigación tecnolóxica punteira na que participará o Centro Tecnolóxico CETIM con base en Alvedro, Culleredo, trátase de LiOn-HD, un proxecto nacional consorciado en materiais avanzados para desenvolver novas baterías de Li-ión de coches eléctricos promovido polo Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) como unha iniciativa estratéxica de I+D empresarial clave para o futuro de España.

Ademais de ser unha convocatoria que estivo moi rifada, este proxecto é o único proxecto liderado por unha gran empresa galega que resultou seleccionado polo CDTI. Actualmente CETIM executa proxectos de I+D que mobilizan máis de 150 millóns de euros, con máis de 160 empresas de todos os ámbitos, sectores e tamaños. Cun equipo novo e multidisciplinar, máis dun 40% do persoal é doutor. Desde a súa creación, o Centro mantén un crecemento medio anual do 30%.


CETIM investiga as futuras baterías de Li-ión para impulsar a mobilidade intelixente

O pasado 27 de novembro, o Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) resolvía o programa Misións CDTI, destinado a financiar grandes iniciativas estratéxicas de I+D empresarial en retos crave para o futuro de España.
CETIM é coordinador técnico e principal centro de investigación do innovador proxecto LiOn-HD que, liderado por Silicio FerroSolar, investigará o uso de materiais estratéxicos en baterías de ión-litio de alta densidade enerxética para a electromovilidad sostible. O proxecto conta ademais co apoio de empresas e entidades como o Grupo PSA, a Energy Materials Industrial Research Initiative (EMIRI), o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN).