0
O home vivía só desde facía tempo na céntrica rúa Obispo Romero de Lema de Baio. Foron os seus veciños quenes o botaron en falta e deron a voz de alarma. Unha patrulla da Garda Civil atendeu a requisitoria e accedeu á vivenda, atopando ao home no seu interior xa sen vida. Unha vez levantado o corpo con permiso da autoridade xudicial, este foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña para realizarlle a autopsia e determinar así as causas do seu falecemento, que en primeira instancia for decretado como morte xudicial.