36
A Policía Nacional busca un condutor que fuxiu despois de provocar un atropelo múltiple no centro de Madrid. Sucedeu ás portas dunha discoteca despois dunha discusión. O condutor, que estaba aparcado, arrancou bruscamente e levou por diante dous mozos de 22 e 26 anos. Pouco despois atropelou outro mozo de 27, que resultou ferido de gravidade. As primeiras investigacións indican que todo comezou cunha disputa previa entre dous grupos de mozos ás portas dunha discoteca do barrio da Latina. Agora buscan un BMW escuro e ao seu condutor, causante do atropelo.