28
A Policía Nacional investiga a difusión de imaxes de menores espidas en Almendralejo, Badaxoz, creadas con intelixencia artificial. Cren que podería haber máis de trinta casos en varios institutos desta localidade, segundo alertaron as nais dalgunhas das mozas, e de sete delas xa se tomaron declaración. Varias delas, con fillas de entre 12 e 14 anos, xa presentaron denuncias. Os presuntos autores dos espidos simulados tamén son adolescentes da localidade, e algúns deles xa foron identificados, segundo informou o delegado do Goberno en Estremadura, Francisco Mendoza.