51
Axentes da Policía Xudicial da Garda Civil de Carballo traballan na investigación do achado dunha muller de 45 anos veciña da Laracha e que apareceu morta no lugar da Teixoeira, pertencente á parroquia larachesa de Cabovilaño. Segundo transcendeu había unha denuncia da súa desaparición e do seu vehículo a primeira hora da mañán deste luns, polo que as forzas de seguridade estaban en alerta cun operativo en marcha por este suceso. A media tarde foi localizado o coche semiafundido no río e a uns 150 metros o corpo da muller, ao que os sanitarios do 061 desprazados ao lugar non puideron facer nada por salvarlle a vida. Tras o levantamento do corpo, a autopsia será a que determine a causa exacta da morte da muller.