Investigan o intento de secuestro dun neno de cinco anos en Pamplona

1 minutes read

A Policía Municipal de Pamplona sigue buscando a un home polo presunto intento de rapto dun neno de 5 anos. Esa tentativa producíase o venres sobre as oito da tarde cando un home colleu o cativo en brazos e, supostamente, pretendeu fuxir con el nun momento de despiste dos pais. Sucedía no contexto das celebracións do Entroido no barrio pamplonés de Rochapea. Un irmán do cativo e varios amigos decatáronse do sucedido e comezaron a berrar. O home, ao verse descuberto polos presentes desprendeuse do menor e desapareceu ás présas entre a xente.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?