Investigan o suicidio dunha muller tras a morte do seu fillo tetrapléxico en Ourense


O falecido, un home de Ourense, de 45 anos, estaba ingresado nunha residencia a raíz dun accidente de tráfico que sufriu en 2016, no cal quedou tetrapléxico. Non falaba nin interactuaba, polo que a Policía, que investiga o caso a través da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta, abordouno como un homicidio, aínda que non desbota a eutanasia. Sospeitan que a nai lle subministrou unha substancia, supostamente metadona, durante a súa última visita, o domingo pasado. Ao detectarlle unha insuficiencia respiratoria, os responsables do centro trasladárono ao Complexo Hospitalario ourensán, en estado de coma. Faleceu o día seguinte, o luns pasado pola tarde a nai, de 66 anos, suicidiouse.

O caso, que non trascendera ata o momento, pasou este venres ao xulgado de garda, que será o que determine as responsabilidades penais, que poderían extinguirse ao falecer a presunta autora da morte.

Polo momento, non trascenderon máis datos sobre o suceso. Ambos falecidos eran coñecidos no entorno policial polos seus antecedentes relacionados co tráfico de drogas e roubos con forza.