Investigan o suposto intento de rapto dunha nena en Betanzos


As forzas de seguridade tiveron coñecemento dese suposto intento de secuestro que, presuntamente, tivo lugar no parque infantil do Pasatempo. Ao parecer, a nena, de 8 anos, contou que un home alto e vestido de negro intentou agarrala para levala consigo.

Era pola tarde, a pequena estaba coa súa coidadora, e no parque había unha morea de nenos vixiados polos seus. Os supostos feitos correron de boca en boca por Betanzos e deixaron preocupados os veciños, sobre todo os que teñen nenos pequenos.

A Garda Civil xa abriu unha investigación para tratar de esclarecer que foi o que pasou.