Investigan porqué estaba pechada na vivenda a muller que morreu nun incendio en Carballo

A investigación sobre o incendio ocorrido este Xoves Santo na rúa Río Sil de Carballo trata de aclarar por que a muller que estaba dentro do piso, Carmen Rey Mato, de 66 anos de idade, non puido saír polo seu pé pola porta do inmoble cando se desencadeou o lume. Ao parecer, a porta da vivenda, un segundo andar, estaba pechada con chave. Cando desde fóra a lograron abrir xa era demasiado tarde para poñer a muller a salvo. As pescudas determinarán por que a vítima non puido escapar do incendio. Estaba no salón, que como a cociña quedou estragada polo lume. Os bombeiros completaron a extinción e os axentes da policía xudicial entraron no piso para avanzar nas pescudas. Contra as sete e media da tarde retiraban o corpo de Carmen para realizarlle a autopsia. A investigación policial está en marcha para determinar a causa e circunstancias deste sinistro que de momento presenta varias interrogantes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha