O home faleceu cando circulaba en bicicleta por Trabancas. O accidente mortal tivo lugar na Nacional 640 en dirección a Monterroso e, aínda que as primeiras informacións apuntaban a que foi arroiado por un camión, a Garda Civil mantén aberta unha liña de investigación para esclarecer o sucedido. Chegouse a mobilizar un helicóptero medicalizado para atender ao ferido pero nada se puido facer por salvarlle a vida. Esta persoa era moi coñecida na zona por haber sido concelleiro do PP de Agolada. Para prestar apoio ás forzas da orde, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos efectivos de Protección Civil da localidade. Ademais, avisouse aos Bombeiros de Silleda, aos membros do GES de Lalín, aos axentes da Policía Local e ao servizo de mantemento de estradas.
31