Investigan un derrame que baña de petróleo as costas de Perú


As autoridades ambientais e os traballadores da refinería da Pampilla traballan para limpar o cru. Segundo o Centro de Operacións de Emerxencia Nacional a vertedura xa foi «controlada». A refinería sinala que o derrame produciuse este domingo pola forte ondada que provocou o tsunami que se orixinou coa erupción volcánica de Tonga mentres descargaba un dos buques.

A Pampilla pertence á empresa española Repsol e é a principal planta de procesamento de petróleo de Perú. A Fiscalía abriu unha investigación. Os seus peritos inspeccionan in situ por terra e mar e verifican os protocolos de seguridade da Pampilla. Segundo o fiscal Ariel Tapia a alta cantidade de petróleo que hai na auga difire da información preliminar ofrecida pola refinería, a cal sinalou que se derramaron sete galóns de petróleo.

As inspeccións contaron co apoio de axentes da Policía Ecolóxica, representantes da Dirección Xeral de Capitanías e Gardacostas (Dicapi), do Servizo Nacional Forestal e de Fauna Silvestre (Serfor), do Organismo de Avaliación e Fiscalización Ambiental (OEFA) e técnicos do Organismo Supervisor do Investimento en Enerxía e Minería (Osinergmin).