Investigan un incidente dun helicóptero de salvamento alugado pola Xunta tras vendelo en 2012 por “obsoleto”

Pesca 1.

O pasado 26 de xullo, durante un voo nocturno de adestramento na ría de Vigo, un dos dous helicópteros de salvamento marítimo da Xunta, o Pesca 1, con base nesa cidade, descendeu “inadvertidamente por parte da tripulación” a “tan só 50 ft sobre o mar” (uns 15 metros). “Obrigados a realizar unha manobra brusca” para volver ascender, a tripulación e a aeronave resultaron ilesas, pero o “incidente” está a ser investigado pola Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil (Ciaiac) do Ministerio de Fomento. O helicóptero é un dos dous aparatos que a Xunta tiña en propiedade e vendeu en 2012 argumentando que ían quedar “obsoletos”, pero que desde aquela vén alugando á empresa que os mercou e que presta o servizo. Aquela operación de venta foi criticada no seu momento polo Consello de Contas, que censurou que non se fixese “ningún estudo sobre a repercusión da venta dos helicópteros” nas contratacións futuras do servizo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha