41
Un amplo dispositivo de axentes da Garda Civil acudiu na mañá deste sábado ao número seis da avenida de Razo en Carballo, ante a atenta e incógnita mirada de veciños e transeúntes. Minutos máis tarde chegaba unha ambulancia, na cal sería evacuada unha persoa do lugar á zona do PAC. Nese momento as 112 Emerxencias Galicia xa mobilizara un helicóptero medicalizado para trasladala que en 12 minutos aterraba na zona. A estabilización da persoa ferida durou case unha hora e o helicóptero alzaba o voo sobre as 13.30 horas.