Investigan un roubo con agresión nunha vivenda de Carballo

0 minutes read
Vehículo da Policía Local

As forzas da orde traballaron duro na mañá deste xoves e seguen facéndoo tras o roubo e agresión aos moradores dunha vivenda do centro urbano carballés, perpetrado sobre as doce do mediodía. Unha das dúas persoas que se atopaban na vivenda necesitou asistencia médica tras quedar inmóbil polos golpes recibidos. O 061 habilitou unha ambulancia asistencial para que fose atendida e posteriormente evacuada. A forza actuante abriu unha investigación para esclarecer o ocorrido e non se descarta ningunha hipótese.