Investigan un roubo no estanco da Silva en Cerceda

Unha persoa descoñecida, parece ser que, perpetrou un roubo este xoves no estanco da Silva en Cerceda, os feitos ocorreron sobre as seis da tarde no local situado na Avenida Paz 38, no lugar de Rodis. Segundo fontes próximas, o presunto ladrón portaba un coitelo e o estanqueiro «defendeuse como puido cun paraugas». O asaltante deuse á fuga nun turismo de cor azul, onde ao parecer esperábao, ao mínimo, outra persoa. Alertadas as forzas de seguridade, ao lugar acudiu a Policía Local de Cerceda e a Garda Civil de Carballo, que tratan de investigar o ocorrido para dar co paradoiro do presunto asaltante.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha