Investigan un tiroteo ocorrido en Xubia, no concello de Narón

A Policía Nacional investiga un tiroteo rexistrado no concello de Narón. Segundo as testemuñas, unha persoa disparou na rúa sen que, en principio, se rexistrasen feridos. Os feitos ocorreron na estrada de Castela, á altura do número 786 da zona de Xubia. Un dos disparos impactou contra un portal, onde quedaron as marcas e os axentes desprazados ao lugar atoparon varios cascos de bala na rúa. As persoas implicadas fuxiron antes de ser recoñecidas e de que chegasen as forzas de seguridade, que despregaron varias patrullas na zona. Os veciños móstranse preocupados polo ocorrido, nunha zona bastante castigada polo ruido derivado do ocio nocturno.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha