Investigan unha avaría dun oleoduto que provocou unha fuga de petróleo en Polonia

As autoridades polacas seguen investigando unha avaría no oleoduto Durzhba que fornece petróleo desde Rusia cara a Europa occidental. Unha avaría que provocou unha vertedura subterránea en Lania, a uns 150 quilómetros de Varsovia. A empresa que xestiona o tramo polaco confirmou que as entregas de cru continúan polas tubaxes en servizo que «funcionan con normalidade». Trátase dun dos oleodutos máis longos do mundo que foi construído pola extinta Unión Soviética. O Goberno polaco analiza as causas da vertedura e se puidese tratarse dunha sabotaxe. Polonia elevara o seu nivel de alerta para protexer as súas infraestruturas estratéxicas tras as sabotaxes no gasoduto NordStream no mar Báltico que o Goberno polaco atribúe a unha posible «provocación» rusa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha